martes, 26 de junio de 2007

Blasted Mechanism

GRUPO 3 BLASTED MECHANISM (9)
(fotografía de Laura Hojas Sanchez)


Esta semana SonDaRede.Com Tivo a oportunidade de entrevistar aos Blasted Mechanism no concerto que deron en Santiago de Compostela encadrado dentro do festival Sons da Rua. Podedes escoitar un pedazo desa entrevista no segundo capítulo do noso Podcast que xa tedes á vosa disposición. Tamén vos propoñemos que lle botedes un ollo á galeria de imaxes que nos cedeu desinteresadamente Laura Hojas Sánchez deste concerto.

Os Blasted Mechanism apostan pola innovación escénica, polo atrevemento e pola orixinalidade. Actualmente, son a proposta máis destacada da música alternativa en Portugal e a súa posta en escena non ten nada que ver co visto ata o de agora.

Centrados no rock, estes estraños mutantes, inventores dun dialecto propio (o karkoviano), mesturan a electrónica con sons ancestrais. O grupo recorre a varios elementos musicais e instrumentais exóticos, habituais na música tradicional das máis diferentes latitudes e culturas como didgeridoos ou trompas tibetanas.

A banda formouse no 1996, dende entón compartiron escenario con grupos como Rage Against the Machine, Moby, Marilyn Manson, Beck, The Prodigy, Asian Dub Foundation, Nick Cave e Chemical Brothers, entre outros. O pasado ano eran nominados por segunda vez como a mellor proposta portuguesa nos premios MTV Europa.

Os Blasted Mechanism veñen de lanzar o seu cuarto disco Sound in Light, unha viaxe á procura da espiritualidade. Quince novos temas, entre o rock industrial e a electrónica, con fortes influencias da 'world music' que, con toda seguridade, abducirán ao público.

Xa sabedes, se queredes saber mais acerca desta banda non deixedes de escoitar o noso podcast!!

Un saúdo

Alén



Hoxe falaremos de Alén, grupo nado no ano 2004 a medio camiño entre Chantada e Rodeiro. Os seus compoñentes son exmembros de bandas coma The Kambotes, B12, Libranza, San Canuto...

Alén non pode catalogarse cunha etiqueta ou estilo concreto, xa que as súas influenzas son moi variadas (dende AC/DC, Machine Head, pasando por Freak Kitchen, Gov't Mule, Iron Maiden, Barricada, Deep Purple...). Partindo dunha consistente base rockeira pretenden experimentar cun amplo rexistro de sons, engadindo en ocasións pinceladas de gaita ou flauta, para intentar dotar a súas composicións dunha maior personalidade.

A temática das letras abarca tamén unha gran variedade, estando enfocadas na súa maior parte dende un punto de vista intimista e persoal, implícito e subxectivo, e baseándose no tratamento dun gran mundo de sensacións e emocións que conviven con todos nós no día a día.

Se queredes escoitar algo desta banda podedes facelo no seu my space, xa que Alén gravou unha demo de catro temas que lle axudou a darse a coñecer, segundo comenta o grupo esta demo tivo boa acollida, chegando a distribuir unhas 1500 copias.

Nestes intres o grupo está metido de cheo nas labores de preproducción do seu primeiro LP que estará composto por trece temas e un DVD con un videoclip e imaxes da gravación, así coma algunha colaboración sorpresa.O disco estará gravado baixo a batuta do famoso productor galego Javier Abreu (Boikot, Sugarless, Los Piratas, Killer Barbies....). Espérase que estea nas rúas, segundo calcula a banda, a principios do vindeiro ano. Dende Son Da Rede esperámolo coas nosas mellores expectativas.

Un saúdo

jueves, 21 de junio de 2007

Ruxe Ruxe


Ruxe-ruxe formouse aló polo ano 1.996 na aldea de Aríns en Santiago de Compostela. A súa música é unha mestura de rock & roll e música tradicional galega, combinadas cunha actitude descaradamente punk.
As súas cancións falan do cotián, da realidade que rodea á banda, o que lle trasfire o contido social que tan ben mesturan coa festa, a poesía, o conto e a retranca galega. Os ruxe-ruxe veñen de tocar nos festivais máis importantes do país, dos que cabe salientar o Festival de Vilariño, Festival de Pardiñas, A Festa dos Botes de Arzúa o Festigal ou o Sons da Diversidade todos este pasado 2006, o que supón para o grupo un valor engadido gracias a gran acollida de público en cada unha desas citas, o que contrastou que estamos ante unha das bandas galegas con mellor directo.
Nestes once anos de vida os ruxe-ruxe teñen tocado ao longo de toda a península e sempre con gran acollida de público e crítica. Teñen compartido cartel con bandas como os Wolfstone, Siniestro Total, Kepa Junkera, Berrogueto, Betagarri, Skalariak, Mercedes Peón, Budiño, Ialma, Habana Blues Band, etc, e están a consolidarse por méritos propios como a proposta de rock en Galego máis importante deste país.
Os ruxe-ruxe tamén contan con periódicas actuacións en televisión e radio, aportaron cancións a series de televisión e a películas de cine e teñen incluídas pezas en numerosos recopilatorios de música galega e celta.
O seu último traballo discográfico "Comercial" (pai records 2006) xa esgotou a primeira edición. "Comercial" é un disco ecléctico e directo onde os ruxe-ruxe expresan as suas vivencias sen edulcorar.

"Comercial" son once cavilacións en venda. Son once ideas cativas e retorcidas que se trocan por diñeiro e que endexamais estarán de saldo.
"Comercial" son once principios escritos en papel de fumar e que conbusten entre os beizos mentras enervan os teus argumentos.
"Comercial" es ti mercando a sua ialma... tás avisado

Podedes atopar máis información desta banda na súa WEB

Dinosaur Jr


Neste primeiro artigo no que imos falar de musica internacional, queremos “presentar”, a unha banda Americana de Indie-Rock, Dinosaur Jr. Digo “presentar” para os que non a coñezan, pois levan xa dende 1983 rodando e sacando unha morea de discos. A nosa intención e a de facer chegar a todos a música e dar a coñecer a alguns bandas coma esta, pois non queremos que a sua música pase desapercibida.

Os que xa os coñezan saberán do que falo, pero os temas de esta banda americana son frescos e moi ricos en ritmos, moi influenciadas quizais por Nirvana e pode que os Pixies e Sonic Youth (dentro do Noise Pop, ou incluso no Grunge dos90).

Destacaremos dentro dos seus 8 albumes o ultimo: Beyond Fat Possum (2007), e tamen o do ano 1994: Without a Sound, que na miña moi particular opinión o merecen.

Se queredes saber máis sobre este grupo composto por Mascis coma a voz e guitarra, Lou Barlow ao baixo e Murph a bateria so tedes que escoitar o noso programa 1 (Take a run at the sun é o tema proposto) ou podedesvos pasar pola sua web para escoitar mais da sua musica: www.myspace.com/dinosaurjr

Un abrazo e deica o proximo post!!

miércoles, 20 de junio de 2007

Comezamos!!

Boas amigos!!!

Neste primero podcast comentamos o calendario de concertos para os próximos días e, xa de paso, poderedes escoitar os dous temazos que engadimos!! Esperamos que vos guste, a xa sabedes, se ceedes que hai algo mellorable non deixedes de comentalo!!

Un saúdo!!!!!

(clicando no logo poderedes escoitar o podcast)
----------------------------------------