martes, 26 de junio de 2007

Alén



Hoxe falaremos de Alén, grupo nado no ano 2004 a medio camiño entre Chantada e Rodeiro. Os seus compoñentes son exmembros de bandas coma The Kambotes, B12, Libranza, San Canuto...

Alén non pode catalogarse cunha etiqueta ou estilo concreto, xa que as súas influenzas son moi variadas (dende AC/DC, Machine Head, pasando por Freak Kitchen, Gov't Mule, Iron Maiden, Barricada, Deep Purple...). Partindo dunha consistente base rockeira pretenden experimentar cun amplo rexistro de sons, engadindo en ocasións pinceladas de gaita ou flauta, para intentar dotar a súas composicións dunha maior personalidade.

A temática das letras abarca tamén unha gran variedade, estando enfocadas na súa maior parte dende un punto de vista intimista e persoal, implícito e subxectivo, e baseándose no tratamento dun gran mundo de sensacións e emocións que conviven con todos nós no día a día.

Se queredes escoitar algo desta banda podedes facelo no seu my space, xa que Alén gravou unha demo de catro temas que lle axudou a darse a coñecer, segundo comenta o grupo esta demo tivo boa acollida, chegando a distribuir unhas 1500 copias.

Nestes intres o grupo está metido de cheo nas labores de preproducción do seu primeiro LP que estará composto por trece temas e un DVD con un videoclip e imaxes da gravación, así coma algunha colaboración sorpresa.O disco estará gravado baixo a batuta do famoso productor galego Javier Abreu (Boikot, Sugarless, Los Piratas, Killer Barbies....). Espérase que estea nas rúas, segundo calcula a banda, a principios do vindeiro ano. Dende Son Da Rede esperámolo coas nosas mellores expectativas.

Un saúdo

4 comentarios:

Checha dijo...

Se fai falla eu me encargo da sección música de baile en Galicia...só tedes que dicirmo....

Anónimo dijo...

Eu coñecín a este grupo nun festival hai tempo, e sorprendéronme moi gratamente :)

Prestade atención ás letras dos temas.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

Eu atopeinos buscando información a cerca dos xa extintos The Kambotes, os que para min eran un grupo máis que destacable! O bateria Samuel tocaba nesa banda de Rodeiro!
A primeira impresión é que me gusta, pero necesito escoitalos en directo para confirmalo!!Nun momento no que as "mescolanzas" están de moda conseguen algo que me chama a atención: meterlle gaitas e frautas a unhas bases "Grunge-metaleiras" sen que sone mal!

Un Saúdo

Anónimo dijo...

Estou dacordo contigo, Javier. A min tamén me chamou a atención ese punto que comentas, ademais creo que se se fai ben pode ser un toque de "distinción" nun momento con tantas bandas e de boa calidade a maioría. Polo que lin na súa web, parece que están a piques de grava-lo seu primeiro disco, haberá que agardar para escoita-lo resultado, a ver qué sae de ahí :P

Tamén teño ganas de velos en directo.

Un saúdo.