jueves, 21 de junio de 2007

Ruxe Ruxe


Ruxe-ruxe formouse aló polo ano 1.996 na aldea de Aríns en Santiago de Compostela. A súa música é unha mestura de rock & roll e música tradicional galega, combinadas cunha actitude descaradamente punk.
As súas cancións falan do cotián, da realidade que rodea á banda, o que lle trasfire o contido social que tan ben mesturan coa festa, a poesía, o conto e a retranca galega. Os ruxe-ruxe veñen de tocar nos festivais máis importantes do país, dos que cabe salientar o Festival de Vilariño, Festival de Pardiñas, A Festa dos Botes de Arzúa o Festigal ou o Sons da Diversidade todos este pasado 2006, o que supón para o grupo un valor engadido gracias a gran acollida de público en cada unha desas citas, o que contrastou que estamos ante unha das bandas galegas con mellor directo.
Nestes once anos de vida os ruxe-ruxe teñen tocado ao longo de toda a península e sempre con gran acollida de público e crítica. Teñen compartido cartel con bandas como os Wolfstone, Siniestro Total, Kepa Junkera, Berrogueto, Betagarri, Skalariak, Mercedes Peón, Budiño, Ialma, Habana Blues Band, etc, e están a consolidarse por méritos propios como a proposta de rock en Galego máis importante deste país.
Os ruxe-ruxe tamén contan con periódicas actuacións en televisión e radio, aportaron cancións a series de televisión e a películas de cine e teñen incluídas pezas en numerosos recopilatorios de música galega e celta.
O seu último traballo discográfico "Comercial" (pai records 2006) xa esgotou a primeira edición. "Comercial" é un disco ecléctico e directo onde os ruxe-ruxe expresan as suas vivencias sen edulcorar.

"Comercial" son once cavilacións en venda. Son once ideas cativas e retorcidas que se trocan por diñeiro e que endexamais estarán de saldo.
"Comercial" son once principios escritos en papel de fumar e que conbusten entre os beizos mentras enervan os teus argumentos.
"Comercial" es ti mercando a sua ialma... tás avisado

Podedes atopar máis información desta banda na súa WEB

No hay comentarios: