martes, 26 de junio de 2007

Blasted Mechanism

GRUPO 3 BLASTED MECHANISM (9)
(fotografía de Laura Hojas Sanchez)


Esta semana SonDaRede.Com Tivo a oportunidade de entrevistar aos Blasted Mechanism no concerto que deron en Santiago de Compostela encadrado dentro do festival Sons da Rua. Podedes escoitar un pedazo desa entrevista no segundo capítulo do noso Podcast que xa tedes á vosa disposición. Tamén vos propoñemos que lle botedes un ollo á galeria de imaxes que nos cedeu desinteresadamente Laura Hojas Sánchez deste concerto.

Os Blasted Mechanism apostan pola innovación escénica, polo atrevemento e pola orixinalidade. Actualmente, son a proposta máis destacada da música alternativa en Portugal e a súa posta en escena non ten nada que ver co visto ata o de agora.

Centrados no rock, estes estraños mutantes, inventores dun dialecto propio (o karkoviano), mesturan a electrónica con sons ancestrais. O grupo recorre a varios elementos musicais e instrumentais exóticos, habituais na música tradicional das máis diferentes latitudes e culturas como didgeridoos ou trompas tibetanas.

A banda formouse no 1996, dende entón compartiron escenario con grupos como Rage Against the Machine, Moby, Marilyn Manson, Beck, The Prodigy, Asian Dub Foundation, Nick Cave e Chemical Brothers, entre outros. O pasado ano eran nominados por segunda vez como a mellor proposta portuguesa nos premios MTV Europa.

Os Blasted Mechanism veñen de lanzar o seu cuarto disco Sound in Light, unha viaxe á procura da espiritualidade. Quince novos temas, entre o rock industrial e a electrónica, con fortes influencias da 'world music' que, con toda seguridade, abducirán ao público.

Xa sabedes, se queredes saber mais acerca desta banda non deixedes de escoitar o noso podcast!!

Un saúdo

No hay comentarios: