lunes, 28 de enero de 2008

Rasa Loba


Boas a tod@s!!!

Hoxe imos falar da nova banda do polifacético Tonhito de Poi, Rasa Loba. Tras o fracaso da súa anterior formación "A banda de Poi" embárcase agora nun novo grupo, desta vez máis a modo, que é como se fraguan os bos proxectos e acompañado por algún dos ex A banda de Poi. Segundo eles mesmos se definen: "Rasa loba é unha manada de cans que sobreviven no monte. Son uns fillos de paz e amor, da risa, da mentira, da maravilla, da falta de pasta; “ Destacamos en comer ovellas negras” afirman en cada entrevista.
Non queremos repetirnos por mor de morrer orixinais, así que de momento non hai disco"

Pese a iso no seu MySpace podedes escoitar seis temas propios (nun deles canta coa súa filla) así como as datas dos seus próximos concertos. Aconsellamosvos que se podedes vos acerquedes a algún dos seus bolos, xa que o espectáculo está case que asegurado!! Da mesma maneira desexamoslle toda a sorte do mundo a ToNhito e á súa SacHadora!

Esto é todo por hoxe!!! Verémonos axiña!!!!!

No hay comentarios: