viernes, 18 de enero de 2008

Motor Perkins




Boas Amig@s!!!

Dende terras de Donramiro traemos a proposta de hoxe. Motor Perkins, sen dúbida unha banda repleta de enerxia e que coma o seu nome indica (Motor Perkins é un fabricante de motores para tractores) pretenden ser o ruxir do rural galego demostrando que nos lugares máis pequenos tamén se pode facer a mellor música.

Estes rapaces sorprendennos con unha mistura de punk-rock e algo de Folck, ás veces semella tamén country. O certo é que, se ben non somos capaces de encaixalos en ningún estilo, podemos asegurar que non deixarán indiferente a quen os escoiten tanto en vivo coma no disco-maqueta auto gravado, o cal podedes mercar nos concertos.
No seu MySpace teñen colgados un par de temas, fotos, e as datas dos seus próximos bolos, polo que se vos apetece disfrutar un anaco pegadevos unha volta.

Sen máis despedimonos agardando que a proposta sexa do voso agrado!!!!

No hay comentarios: