Pub Gatos, Melide
Boas Amigos, desta vez estamos aqui para presentarvos un local!!
O Pub Gatos é un deses míticos garitos roqueiros que toda vila que se precie debe ter!! Nas súas paredes hai décadas de rock´n roll en forma de bandeiras, carteis, pegatas...A verdade, case é un templo para os amantes desta música! Tras da barra o inconsumible Nani sirve copas e pincha o mellorciño da música nacional e internacional!!
No gatos fanse concertos moi a miudo, e máis coa chegada do calorciño, durante o mes de xullo estes serán os grupos que pasen polo local:
-Venres 13: "DEAN CURTIS & THE EASY SKANKING" Banda Holandesa con acento galego á batería. Tratase dun grupo tributo a BOB MARLEY. De seguro que nos farán pasar unha noite máis que agradable a ritmo de reggae.
-Sábado 14: ITH Sen dúbida dende Son Da Rede animamosvos enerxicamente a que acudades a este concerto, xa que na nosa opinión tratase dunha das mellores bandas de Rock en galego
-Venres 20: THE CADS Banda coruñesa liderada polo sempre espectacular Pablo Barros.
-Martes 24: Para rematar os concertos do mes do Apóstolo e polo tanto da Patria Galega,o Pub Gatos ofrecenos un programa doble con ANIMALES DOMESTICOS, grupo de corte eminentemente instrumental que podería calificarse de free jazz-rock psicodélico. Con batería galego na súa formación.
Tras eles actuará o brasileiro MOISÉS DOS SANTOS E O MANGO TRIO, no que participan membros dos Animales Domésticos facendo unha mestura de rock, bossa nova e samba que darannos alas para toda a noite, viva a festa.
Non o pensedes máis e pasade polo Pub Gatos, non vos arrepentiredes!!!
Un saúdo!!
1 comentario:
Parabéns rapaces!
Xa vexo que hai canteira para "resucitar" Radio Maceda.
Avante!!!
Publicar un comentario