jueves, 5 de julio de 2007

Tom Chant



Hoxe ocupa a nosa páxina un célebre saxofonista londinense, chamado Tom Chant. Tom leva tocando dende moi pequeno e iso podemolo apreciar na súa música, leva o free jazz ata extremos de improvisación completa, danos un son moi cercano e, sobre todo, un gran directo.
Este polifacético músico traballa na “Cinematic Orchestra”, nos “Marseille Figs”, na “ London Improvisation Orchestra” e no “Eddie Prevost Trio”, pero puidemos desfrutar en Compostela del en solitario, na “Sesións Vibracións”, celebradas na Sala Nasa.
No noso terceiro programa falamos con el e poderedes descubrir o que contestou as nosas preguntas. Pomos a vosa disposición neste terceiro episodio unha das súas cancións cos Marseille Figs neste caso para axudarvos a descubrir a este gran músico; o tema proposto foi “Low low thing”. Para máis información podédesvos pasar por www.tomchant.com

No hay comentarios: