martes, 3 de julio de 2007

Oojami


(Fotografía tomada por Laura Hojas Sánchez)

Oojami, grupo anglo-turco liderado por Necmi Cavli non deixa indiferente a ninguén, sempre anovadores, sempre diferentes, mostran a realidade plural dos sons das grandes urbes do século XXI.
Inspirados polo traballo pioneiro de Natacha Atlas e Transglobal Underground de mesturar ritmos modernos con elementos árabes tradicionais, os seus temas teñen a enerxía da música de baile pero con máis contido cultural: os sons tradicionais do laúde e a darbuka comparten protagonismo coa electrónica e o tecno británicos. A música de Oojami, está orientada ao ritmo, pero gusta de usar partes melódicas para facela diferente: hai tanto influencias turcas como asiáticas e africanas. Usaron mostras de bosquimáns halaharis de Sudáfrica. Probaron con músicos en Indonesia, Ghana, Marrocos, etc. Aínda que o elemento maior é o turco. O espectáculo, que conta cun derviche e cunha bailarina de ventre, é un máxico percorrido musical a través das culturas.

Son da Rede tivo a oportunidade de falar cos integrantes deste grupo xa que participaron no festival Sons da Rúa! No noso próximo podcast (o capítulo cuarto) poderedes escoitar un fragmento da entrevista que lles fixemos!! Da mesma maneira se clicades aquí poderedes ver unhas fotos cedidas por Laura Hojas e pertencentes ao citado festival santiagués!!

Un saúdo!!

No hay comentarios: