viernes, 29 de junio de 2007

Sugar Mountain



Pontevedra. Verán do 1999. A paixón polo rock and roll de cinco bos amigos da lugar a Sugar Mountain. O seu son é compacto, rock americano cru e directo, de riffs contundentes e melodías luminosas. A banda está formada por: Javier Ruano (guitarra e voz), Ruben Álvarez (baixo), Yago Carreño (guitarra), Isaac Campos (órgano & pianos), José Salgado (batería) e Nestor Busquets (percusión).

Tras gravar duas demos tituladas 55 Tambo Island (2000) e A Little Sugar For Your Mind (2001), Sugar Mountain publicaHCT -o seu primeiro EP- en 2003, despois de actuar sen descanso nos seus tres anos de existencia e de compartir escenario con bandas como The Georgia Satellites, Drive-By Truckers, TheBellrays, Diamond Dogs e multitude de grupos do panorama español por todo o país.

A comezos de 2004 gravan o seu primer larga duración, titulado Hand Crafted Tunes. O productor do álbum é o gran Dan Baird (The Georgia Satellites, The Yayhoos), namorado da banda tras ter tocado xuntos un ano antes. O disco publicase en España baixo o selo Good Sounds. Hand Crafted Tunes colleita inmellorables críticas en toda a prensa especializada e leva ao grupo a tocar por todo o país así como en Alemaña, Portugal e a República Checa.

En outubro do 2006 publican o seu esperado segundo album In the Raw. O disco foi producido por Eric "Roscoe" Ambel (Del-Lords, Joan Jett, Steve Earle) e mezclado nos estudos Cowboy Technical Services por Greg Duffin e masterizado por Scott Hull (Bruce Springsteen, David Bowie, Steely Dan) In the Raw foi publicado simultaneamente en España (Good Sounds) e Estados Unidos (Brewery Records)

Segundo nos comentou Javier Ruano, guitarra e voz, na actualidade a Banda continua coa xira de In the Raw. Próximamente van participar con un tema nun disco tributo a Emitt Rhodes que se publicará en Estados Unidos a parte de un par de temas para un single que sacarán ao finalizar a xira actual. Posiblemente no 2008 teñamos novas dicográficas deste grupo!

No hay comentarios: