viernes, 18 de abril de 2008

ODAIKO, ou De como facer arte con baquetas.


Ton Risco, Juan Collazo, Roberto Oliveira e Atonio Ocampo, estes son os "culpables" de que ver ODAIKO PERCUSION GROUP sexa un autentico espectaculo, como o que se viviu onte xoves na sala Capitol, en Santiago de Compostela.
Apáganse as luces, soan os tambore e da comezo o espectáculo. Case tres horas de autentica percusión, ritmos frenéticos e tamén relaxantes, son de tambore, auga, tubos e unha morea de cousas,tres horas de arte e espectáculo en vivo.
Son un verdadeiro exemplo de que en Galiza temos arte, e arte da boa, boa música e moi bos músicos.
Un espectáculo sempre moi recomendable, que dende Sondarede.com, invitamos a presenciar. Nada mais comezar vemos a estes catro músicos tocando a vez, tentamos nos primeiros intres seguir a técnica de cada un, ver como executan cada un dos seus movementos, pero de seguido sorprendémonos a nos mesmos pechando os ollos e deixándonos levar pola súa música.
Repasan estilos moi variados e poderíase dicir que tamen técnicas, pois vemos tocar dende tambore a tubos de plastico ou mesas de madeira. Repasan a música africana, cubana e incluso flamenco (momento no que incluso "baquetean" nunha guitarra).
Non daremos mais pistas e só nos resta desexarlles moita sorte e que poidan levar a súa música a todos os rincóns posibles.

1 comentario:

Unknown dijo...

En defensa de Vigo, di NON á fusión das Caixas. Acude á concentración cidadá. Hoxe, día 9 de febreiro ás 20 horas en Urzaiz. Dende Vía Norte ata Porta do Sol