miércoles, 6 de febrero de 2008

Rock in Rio chega a España


logoTerra
Pois como moitos de vos xa saberedes, este ano celébrase por vez primeira en España o "Rock in Rio". Será en Arganda del Rei, no sureste da Comunidade de Madrid, a uns 25 km da capital.
Levaráse a cabo os días 27 e 28 de xuño e 4, 5 e 6 de xullo.
O evento contará cunhas instalacións inmensas divididas nas seguintes zonas:
Escenario mundo: O escenario principal que acollerá os concertos máis "rechamantes" e multitudinarios, cun espectacular deseño inspirado na arquitectura contemporánea e con máis de 2.000 metros cadrados de superficie.
Carpa electrónica: 1.800 metros cadrados cheos de luz e deseño programados para recibir a moitos dos mellores Dj´s de música electrónica do panorama actual, como curiosidade 4000 metros de tubo luminoso...
Hot Stage: Espazo exclusivo para a música española.
Espacio niños: Teatro, contacontos, talleres de manualidades e demáis historias para os máis cativos.
Zona Radical: Para os máis atrevidos, pista de xeo, pista de neve, para workshops de snowboard, bumgee junp e tirolinas.
Zona VIP: Xa vos imaxinades de que vai... Capacidade para 2.000 invitados, lugar para ver e ser visto, sempre que esté a altura do peto.

E vamos co importante, por suposto, as actuacións:
El canto del Loco
Hombres G
The Police
Alejandro Sanz
Tokio Hotel
Tiësto
Carl Cox
Lenny Kravitz
Dj Vibe
Simon&Shaker
Wally López
(Polo de agora estes son as confirmadas xa que a organización vai dando a coñecer pouco a pouco aos artistas que participarán do RockinRio Madrid, especúlase con que estarán tamén,entre outros, Shakira e Iron Maiden... podes irte enterando no seu web).

As entradas sairán á venda o día 28 de Febreiro e o seu prezo está por confirmar, o único que se sabe é que terán prezos diferentes dependendo do día., pero contade con 60-70 €.
Páxina oficial: http://www.rockinriomadrid.terra.es/

EDITO PARA PORVOS AS ÚLTIMAS CONFIRMACIÓNS:

Shakira

Amy Winehouse
Jamiroquai
James Morrison
D-Formation
JL Magoya
Chris Cornell
Franz Ferdinand

3 comentarios:

Checha dijo...

Car cox e Wally López...de momento o único polo que iría...e bueno, escoitar a The Police none staría mal...

Alfredo Blanco dijo...

Por se alquén non se fixou, editouse o post e aparecen novas actuacións.
Eu algo máis do que hai por ahí aínda o ía ver de boa gana tamén como a Tiesto ou Jamiroquai.

Antonio Rodríguez (MoebiuZ) dijo...

Pois DJ Vibe é un fenomeno, a lo menos un par de sets que tiña de el eran do mellorciño que escoitei en house "elegante".