domingo, 3 de febrero de 2008

Novo disco de Memoria de Pez




Dende o día 29 de xaneiro xa está nas rúas o primeiro disco "En el mar de los sueños" desta banda vasca. Os integrantes son: Jon Calvo (guitarra e voz), esté rapáz formou parte de "Los Inconscientes" con unha das lendas vivas do Rock and Roll no estado español: IñaKi Uoho; Aitor Lacalle (guitarra); Iban Uberuaga (baixo) e Asier Aldekogarai á percusión. A incorporación deste grupo ao panorama estatal supón un toque de frescura, se ben non pretenden innovar senón máis ben afondar nas raízes do mal chamado Rock Urbano. Notamos importantes influencias de grupos coma Platero y tu e evidentemente dos Inconscientes.

O disco foi gravado en Barcelona por Javier Roda e os seus compañeiros de EMAV, editado por MUXIK, o selo discográfico que capitanean Robe e Iñaki de Extremoduro. Ademais diso conta coas colaboracións de Cantera (Extremoduro, Inconscientes) encargado de gravar as baterías e Domingo Calzado (Calaña)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

É un fenómenos este calvo!!! Larga vida ao Rock and Roll!!!!!!

SonDaRede dijo...

Claro que si, nos tivemos a sorte de coñecelo nun concerto que dou en Compostela, e a verdade parece bo rapáz!!