domingo, 23 de septiembre de 2007

Cornelius, rock en estado puro!!!


Boas amig@s de SonDaRede!!
Hoxe imos falar sobre cornelius, unha das mellores bandas do panorama galego actual que ben de sacar o seu primeiro disco "Greatest Hits". Este verán tivemos a sorte de asistir a un dos seus directos e quedamos certamente prendados do que son capaces de facer estes mozos, pensamento que se reafirmou ao escoitar, xa con máis calma, o seu disco.

Sen dúbida os que mellor poden definir cornelius deben ser os seus propios integrantes, polo que vos deixamos con unha entrevista que lle fixemos nas últimas datas:

-Cal é a vosa traxectoria como grupo:

A banda empezou a traballar a principios do 2005, ano en que publicamos a nosa primeira referencia, unha maqueta gravada por nós mesmos no Náutico de San Vicente. Despois de gañar varios concursos e empezar a funcionar no circuíto de música ao vivo de Galicia, metémonos no 2006 a gravar o noso primeiro disco, novamente auto producido e totalmente financiado pola banda. Antes de que este traballo saíse á rúa, a banda fíxose cos máis importantes premios da música de Galicia –banda máis votada do Novaxove Music, gañadores do Musicalia 07, nominados ao Mellor Directo de Galicia polo Maketon 40 Principales...–. Actualmente atopámonos presentando o disco –Greatest Hits (Pai Música)– por toda Galicia e preparamos varias incursións en cidades como Madrid, Salamanca ou Barcelona.

-Cales son as vosas influencias?

Disfrutamos con todo tipo de música: rock, funk, soul, reggae, jazz, pop... e intentamos levalo do xeito máis digno á nosa partitura. Invitámosvos a que descubrades por vos mesmos esas influencias dándolle un par de voltas a noso disco.


-Dentro de que estilo vos definiriades?

Rock, cunha clara tendencia á promiscuidade musical, mais rock á fin e ao cabo.

-Como están a marchar as ventas do voso primeiro disco "GREATEST HITS" ? en que lugares nos podemos facer con el?

Francamente ben. Aínda non comezamos coa presentación oficial do disco e xa estamos a piques de rematar a primeira edición. Ademáis de en tódolos directos da banda, o disco se pode atopar en grandes cadeas –tanto fisicamente como por internet– como FNAC, Gong, Halley, Discos Froiz..., na páxina web da compañía –www.pai-musica.com– e nas principais tendas de discos de Galicia.

-Que tal vai a vosa axenda de concertos?

Temos a sorte de saír a tocar alomenos unha vez á semana, aínda que o circuíto galego xa o temos bastante queimado. Como che comentaba antes, próximamente empezaremos a facer pequenas xiras fóra de Galicia. Recentemente a banda estivo presente no Mercat de la Musica de Vic (Barcelona), unha das feiras de música ao vivo máis importantes do Europa. En breve nos concretarán datas por esa zona.

-Cal é a opinión que vos merece a música que se fai actualmente en Galicia?


Sorprende a cantidade de bandas que hai. A bote pronto destaco a gran calidade da escea que se desprende do Seminario Permanante de Jazz de Pontevedra.

-A música nestes intres pasa por unha crise provocada pola pirateria, ceedes que existe unha solución para solventala? e en que medida lle afecta a grupos coma o voso?


Non nos afecta demasiado a copia e descarga de música. Pensamos que iso de crise é unha idea que nos venden as grandes empresas da industria musical, os verdadeiros 'piratas' ao noso parecer.

-Algo que queirades dicir..


Moitas gracias polo vosa atención. Unha aperta e vémonos nos directos

No hay comentarios: